O Goberno confirma que está a buscar un novo grupo empresarial interesado na planta de Alcoa en San Cibrao para evitar o peche, e convoca á dirección e os sindicatos á unha Mesa multilateral. Os traballadores insisten na urxencia de aprobar un estatuto que abarate o prezo da enerxía para garantir a viabilidade // Os casos activos de COVID-19 en Galicia descenden en 109 nas últimas 24 horas. A cifra total, 569 e a máis baixa dende o 20 de marzo. A área da Coruña e a máis afectada e so un paciente permanece na UCI. Os falecidos ascenden a 618 // Veciños de localidades da costa alertan da presenza de visitantes doutras comunidades, mesmo as que están en fase 1. As autoridades insisten en que se manteñen controis estrictos para evitar viaxes non xustificadas entre provincias. 04/06/20