Falta só un día para que a Pescanova se lle acabe o prazo que tén para entregarlle á Comisión Nacional do Mercado de Valores as súas contas de 2012. Con este ultimatum enriba da mesa a multinacinal pesqueira reúne, desde esta mañá, ao seu Consello de Administración na sede da compañía en Chapela, nas aforas de Vigo // A axencia tributaria recadou o ano pasado en Galicia 373 millons de euros en operacions realizadas contra a fraude fiscal. Son 50 millons mais que os que recibiu das declaracions da renda // O consello da Xunta aprobou hoxe o anteproxecto de lei de Administracións Públicas. Obriga a que os membros da Xunta fagan público o seu patrimonio e recurta á metade os contratos que poden facer os organismos públicos sen concurso de ofertas, pasa de 18 a 9 mil euros. 04/04/13