Petra xa está sobre Galicia. A nova cicloxénese explosiva que afecta á nosa comunidade deixa xa chuvias intensas e ventos de máis de 120 kilómetros por hora. A previsión é que se superen os 140, sobre todo na Mariña Lucense // O paro subiu en Galicia en xaneiro un 3.69%, en dez mil persoas, segundo os datos dos servizos de emprego, que sitúan en douscentos oitenta mil o número total de parados na nosa comunidade. A maior suba foi no sector dos servizos como é habitual despois do Nadal. A Seguridade Social perdeu 13.249 afiliados // Esta mañá entraron en servizo os 16 kilómetros que faltaban para rematar a autovía do Cantábrico en Galicia. Os dous treitos pendentes, entre Abadín e Mondoñedo, en Lugo, tiveron un investimento de 192 millóns de euros, os máis complexos da A-8 na nosa comunidade. Tras dez anos de obras, xa é posible circular todo por autovía desde A Coruña ata a fronteira con Cantabria. 04/02/14