Toma posesión o novo Goberno da Xunta, elixido polo presidente Alberto Núñez Feijóo para dirixir Galicia os próximos catro anos. Un período no que, asegura Feijóo, os axustes darán paso ao crecemento económico. // Asociacións de persoas con discapacidade e os seus familiares denuncian en Vigo a situación de emerxencia pola que atravesan para facer o seu traballo. // Comezou unha folga indefinida nos autobuses urbanos de Vigo que reduce ao corenta por cento o servizo nas horas punta e suprime doce liñas. O paro dos traballadores da empresa concesionaria, Vitrasa, é unha protesta polo atranco nas negociacións do convenio. // O Deportivo afúndese nos postos de descenso tras caer en Riazor ante o Betis logo de remontar inicialmente un cero dous en contra. Fora deses postos de perigo está o Celta que así e todo deixou fuxir no último instante dous puntos de Balaídos ante o Levante. // "Calcetíns", unha curtametraxe na que os actores e actrices son persoas con discapacidade. 03/12/12