Inaugurada na Coruña a nova sede do Centro Padre Rubinos, un moderno e impactante edificio para unha institución que leva case un século atendendo a persoas sen recursos. Custou 25 millóns de euros, sufragados pola  fundación Amancio Ortega, do propietario de Inditex.    O Centro Tecnolóxico da automoción do Porriño segue a traballar na innovación para o sector do automobil. Investiga por exemplo sistemas de conducción automática para os coches. Sistemas cos que poderían funcionar algúns dos seus deseños a partir do 2020.  Os accidentes de tráfico causaron , esta verán en Galicia  16 mortos, un máis que no verán do ano pasado.  Seis deses sinistros foron de moto.  A causa máis frecuente foron os choques entre vehículos, seguida das saídas de vía. (03/09/14)