Grazas a tres grandes cruceiros, atracados no porto, A Coruña conta hoxe con sete mil habitantes máis dos habituais. É a cifra de viaxeiros que chegaron, de xeito case simultáneo, a primeira hora da mañá ao peirao coruñés, onde están a facer escala, procedentes de Lisboa, Porto e Cádiz // A adquisición anunciada da maioría do capital do estaleiro vigués barreras pola petroleira mexicana PEMEX é recibida con entusiasmo polos traballadores e a industria auxiliar do naval. Aumentan as exportacións de madeira e os seus derivados. O ano pasado subiron máis dun 2 por cento, respecto ás vendas ao exterior do 2011 e foron decesivas para manter o sector // A Xustiza condena a Deputación da Coruña a indemnizar con mais de 25 mil euros a unha nena vítima de acoso escolar. 03/05/13