O Presidente do Goberno, Mariano Rajoy, di que o seu executivo esta facendo esforzos para chegar a un acordo dos grupos políticos co fin de aprobar os orzamentos do Estado para 2017. Declaracións que realizou despois do seu habitual percorrido por unha ruta de sendeirismo, no Salnés, onde pasa o descanso de Nadal. Navantia firma con Iberdrola un novo contrato para a construcción de 42 jackets para un parque eólico mariño desta vez no Reino Unido. O contrato supón máis dun millón de horas de traballo para a factoría de Fene e a ocupación de 900 traballadores durante os próximos 20 meses. Galicia é a segunda comunidade na que máis aumentaron, comparativamente, os accidentes mortais de tráfico. Faleceron nas estradas 107 persoas, 15 máis ca no 2015. (03/01/17)