Xunta e Concello de Vigo acordan colaborar para evitar os perxuízos que pode supor para o urbanismo e para os proxectos industriais a sentenza do Tribunal Supremo que anula o Plan Xeral por non terse sometido ao preceptivo análise de impacto ambiental. A Xunta puxo a disposición do concello os medios necesarios para superar o problema // O Fiscal arquiva a denuncia presentada contra o Presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, por unha muller que o acusaba de terlle ofrecido un posto de traballo no organismo provincial a cambio de manter relacións sexuais // En novembro subiu o paro en Galicia en Galicia en 3.066 persoas mentres baixou no resto de España en algo máis de 27 mil persoas. Ainda así, agora hai, na nosa comunidade, 23.400 desempregados menos que hai un ano. 02/12/15