O interventor do tren que descarrilou en Santiago, Antonio Martín Marugán, declarou esta mañá no Xulgado que investiga o accidente. O xuiz considera que a chamada telefónica que lle fixo ao maquinista, instantes antes do sinistro, non foi causa do mesmos // O maquinista Francisco José Garzón escoitou o aviso de proximidade da curva de Angrois mentres falaba por teléfono; así o confirman as gravacións das caixas negras sobre as que a policía científica elaborou un detallado informe que hoxe se fixo público // O paro baixou en Galicia no pasado mes de xullo en máis de 12.000 persoas, o que supón un descenso do 4,5 por cento, un dato que é tres punto mellor que o da media de España. Son as cifras de desemprego máis positivas dun mes de xullo dende 2008.Con esas cifras, segue habendo 900 parados máis que o ano pasado por estas mesmas datas. 02/08/13