Os traballadores de Alcoa protagonizan cortes de tráfico nas inmediacións da factoría de San Cibrao en protesta polo peche da planta de Aluminio. Ademáis dos 500 postos de traballo directos en risco, destacan a importancia estratéxica de manter a producción para a industria española // A seguridade social gaña 9.700 afiliados galegos no mes de maio. O paro rexistrado reducíuse en 547 persoas, coa volta a actividade da Industria e a hostelería pola desescalada. Os traballadores que seguen afectados por ERTEs na nosa comunidade ascenden a 135.000 // Máis de 200 concellos galegos levan libres de casos de COVID-19 nos últimos 28 días. A Xunta destaca que os datos permiten pasar a fase 3 a toda comunidade a partir do luns, e fai un chamamento aos cidadáns para seguir mantendo as distancias e medidas de seguridade. 02/06/20