Galicia, entre as catro comunidades sen ningún caso de infección por coronavirus, investirá 1,7 millóns de euros en equipamento para facer fronte ao andazo // Hoxe remata o prazo de presentación das candidaturas ante a xunta electoral para as autonómicas do 5 de abril // Aprazado por segunda vez o xuízo contra Marino Jiménez, membro do clan dos Moróns, e outros seis acusados por tráfico de drogas, entre eles un exgarda civil // A Xunta prepra un plan para facer máis accesible o Camiño de cara ao Xacobeo 2021 // Pouco fútbol e marcador sen goles no derbi galego de segunda // O historiador Miguel Anxo Seixas presenta hoxe na Real Academia Galega o primeiro volume da súa biografía de Castelao. (02/03/2020/)