En febreiro perderon o seu traballo 3.391 persoas en Galicia. // A CIG e os sindicatos CUT, CNT e CXT presentaron esta mañá a convocatoria de folga xeral en Galicia, prevista para o 29 de marzo. // A Xunta quere rebaixar este ano o gasto farmacéutico un 7%, o que suporía aforrar 60 millóns de euros, que se sumarían aos 102 aforrados en 2011. // No que vai de ano foron detidas en Galicia 50 persoas acusadas de ter provocado incendios forestais, 43 máis que hai un ano, na mesma época. // O Concello Oleiros, na Coruña, vai abrir un expediente para multar ao Bispado por ter abandonada unha igrexa parroquial. 02/03/12