A delegación do Parlamento de Galicia, formada pola portavoz do BNG Ana Pontón, o socialista Gonzalo Caballero e Diego Calvo do PP, defende no Congreso dos Deputados que a xestión da AP-9 sexa transferida a Galicia. // Repuntan os casos activos, logo de rexistrarse máis de mil novos contaxios nas últimas horas. Os hospitalizados baixan lixeiramente, ainda que a ocupación das UCI chega a un novo máximo de 253 pacientes.. // O paro descende en Galicia no mes de xaneiro, en 3.600 persoas. É a única comunidade xunto con Baleares e Ceuta onde hai unha baixada. // A audiencia provincial da Coruña confirma a condena a 6 anos de cadea a José Manuel Vázquez, "Coté", un home que exerceu durante 5 anos como falso médico en Ferrol. 02-02-2021