Case unha semana despois aparece o corpo dun dos policías nacionais afogados na praia do Orzán, na Coruña. Trátase do de Rodrigo Maseda de 35 anos e natural de Burela. // En xaneiro perderon o seu emprego 13.050 persoas en Galicia, co que máis de 271 mil están inscritas nas oficinas do servizos públicos de emprego da comunidade. // Luz verde ao plan galego de acuicultura, co que a Xunta pretende que Galicia recupere o liderado neste sector. // A Xunta asegura que a construción de buques vai contar cun novo sistema de bonificación fiscal a finais de abril. // A granxas de visóns galegas están a vivir unha época dourada debido, principalmente, á demanda da industria peleteira de países coma China ou Rusia. // O Café Latino de Ourense está de aniversario: cumpre 25 anos ofrecéndolle ós afeccionados ó jazz concertos inesquecibles. 02/02/12