En marcha unha nova operación especial de control do tráfico por estrada. A DXT prevé 473 mil desprazamentos nas vías galegas, dende hoxe ata o día de Reis.  Vanse intensificar os controis de velocidade ...dende terra e tamén dende o ar, con helicópteros, e aumentarán as probas de alcohol e drogas.   O Instituto Galego de Promoción Económica  dará axudas a empresas, con seis  millóns e medio de euros. Serán  para equipamentos produtivos, formación e internacionalización.   Os comerciantes do mercado da Pedra, en Vigo, piden a  reapertura dos seus establecementos, despois de que tiveran que pechar en outubro  por  unha redada da policía.   Aseguran que 60 familias están sen poder traballar, e sen ingresos. O peche tamén afecta a outros negocios da zona, que quedaron sen os clientes que atraía o popular mercado vigués. (02/01/15)