Antes das vacacións de nadal os estudantes de segundo de bacharelato que queiran cursar estudos universitarios saberán como vai ser a proba que teñan que facer en xuño // O conselleiro de Facenda avanzoulles a patronal e sindicatos os orzamentos // Celebrouse a asemblea constituínte da Area Metropolitana de Vigo, nunha sesión con constantes enfrontamentos entre os concelleiros do PP e os do PSOE // Botado en Vigo o primeiro dron mariño español que empeza agora a súa fase de probas // Vitoria do Celta na Copa. Impúxose por un gol a cero ao UCAM Murcia no partido de ida de dezaseisavos de final. 01/12/16