Atentado terrorista contra a casa do concello en Baralla. Unha forte explosión causou importantes danos materias  pola detonación dunha pota con cinco kilos de pólvora.Todo apunta á autoría de Resistencia Galega.PP e PSdeG condénano. Tamén o BNG, que cita declaracións polémicas do alcalde de Baralla sobre o franquismo. AGE pide agardar ao resultado último da investigacion. Parada técnica dunha liña de producción de Citróen-Vigo. Un dos seus proveedores, Treves, en Pontevedra, está en folga.  Aumento da venda de coches en setembro. En Galicia, un 15,5% respecto de setembro de hai un ano. Na media española a suba foi do 26%. A cuarta parte dos galegos son persoas maiores de 65 anos. Parte ocúpase do coidado dos netos ou outros familiares. Unha parte importante, un terzo, precisa de coidados. Moi poucos disfrutan de vacacións. Os reis Felipe e Letizia contéstan unha carta mandada por unha familia ourensá, pedindo axuda para un tratamento médico do crecemento dun fillo. Este venres o Serga