Os casos positivos relacionados co gromo de Mallorca suman xa 157, a espera deses 21 estudantes que chegan esta tarde nun ferri a Valencia. Alí os espera, como decíamos, un autobus e un ambulancia de cinco prazas onde se lle realizará un test de antixenos. Aquí faráselle a todos unha PCR, e os negativos repetirana despois de 48 horas por si teñen que gardar cuarentena.//. C o comezo de xullo iníciase tamén a temporada de máximo risco de incendios. Este ano traballarán na vixilancia e extinción 7.000 persoas, nun dispositivo para o que se destinan 180 millóns de euros. Haberá 30 medios aéreos e 370 motobombas. As parroquias consideradas de alto risco de lumes son este ano 35, sete máis co ano pasado .// En Lugo comeza hoxe o festival internacional de órgano do Corpus Christi, orgánizado pola diocese lucense. O concerto inaugural ás oito da tarde corre a cargo de Corrado Greco e Giulio Mercati. 01-07-2021