Close

Zigzag-Eirado

Programa presentado por Tino Santiago, que pretende converterse nun punto de encontro para os artistas galegos de todas as disciplinas. Complemento do informativo cultural “ZigZag Diario”, segue de preto a actualidade, para achegarse á realidade cultural galega desde unha perspectiva de maior acougo, profundidade e reflexión. Moncho Lemos conduce a sección de curtametraxes e Angel Suances presenta as estreas de cine, con especial atención ao sector audiovisual galego. Marta Gómez encárgase da música, co...

País: España
Idioma: Gallego
Contenido: Reportajes
Tema: Cultura
URL: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa/eirado-zigzag

Episodios disponibles para ver online

170 - 31/12/2017 00:50
168 - 17/12/2017 01:00
167 - 03/12/2017 01:30
166 - 26/11/2017 01:30
165 - 19/11/2017 01:30
164 - 12/11/2017 01:30
163 - 05/11/2017 01:30
162 - 29/10/2017 01:30
161 - 22/10/2017 01:30
160 - 15/10/2017 01:30
159 - 08/10/2017 00:00
Entrevista a Armando Requeixo - 02/07/2017 00:45
O último “ZigZag-Eirado” da temporada recibe ao crítico Armando Requeixo para que faga unha escolma do último que se ten publicado e recomende libros para as vacacións. Con Ángel Suanzes e Moncho Lemos, o programa repasa as rodaxes do verán, como “Tempo Vertical”, de Lois Patiño, a medio camiño entre a ficción e o documental; “Trote”, a ópera prima de Xacio Baño, ambientada nunha rapa das bestas, e “1921. A lei do chumbo”, o primeiro proxecto de Dani de la Torre despois de “O Descoñecido”. No apartado musical, Marta Gómez fala de Zan Hoffman, particular punkcrooner de Kentacky namorado de Galicia, e da festa “Verbena das Irmandiñas”, que reúne catro grupos en que a representación feminina é clara: Habelas Hainas, Sacha na Horta, The Tetas Van e Oima. Finalmente, nos “Fondos Reservados” de Moncho Lemos, o protagonista é Miguel Costas, fundador, guitarrista e vocalista de Siniestro Total, Aerolíneas Federales e Los Feliz, un exemplo de artista que sobrevive na música despois de abandonar
Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, Festival Novos Cinemas e Guezos - 25/06/2017 00:45
Xa comezou a conta atrás para a trixésimo terceira edición do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, un dos eventos clásicos da temporada estival no país e unha cita ineludible para os amantes do folk, que terá lugar entre o 13 e o 16 de xullo. O programa “ZigZag-Eirado” falará hoxe co seu director, Alberto Balboa, que achegará detalles da programación deste ano, en que compartirán escenario músicos de primeiro nivel, como Usher´s Island, Harmonia Creams, Sckerryvore, A Roda e Treixadura, entre outros. Por outro lado, o espazo da tvG2 repasará a programación do Festival Novos Cinemas, que se celebra a semana que vén en Pontevedra, coa proxección de 40 filmes. Tamén se falará das películas “Estiu 1993”, de Carla Simón, premio á mellor ópera prima da Berlinale, e “Maudie”, a historia dunha artista canadense que namora dun pescadeiro mentres traballa para el como asistenta. O apartado musical comezará hoxe cos Guezos. A banda ourensá, que acaba de publicar novo vídeo, está d
Conecta Fiction, Premios María Luz Morales, as Tanxugueiras e Óscar Ibáñez - 18/06/2017 00:45
A próxima semana comeza Conecta Fiction, unha feira que reunirá na Cidade da Cultura o máis destacado das series de ficción de Europa e América, coa presenza de máis de 35 canles internacionais de televisión, entre elas o xigantes HBO e Netflix, que buscan series de ficción para coproducir. Na sección cinematográfica, a primeira cita que proporán Moncho Lemos e Ángel Suanzes será achegarse aos Premios María Luz Morales de ensaio e videoensaio que convocou a Academia do Audiovisual. Entre os premiados estivo o videoensaio de Denis Lozano “A cámara perseguidora”. No apartado musical, Marta Gómez falará das Tanxugueiras, un grupo de pandeireteiras que levan en activo desde 2016 e que son unha das promesas do trad feminino; do dúo vigués Lamprea Explosiva, que ofrece cancións de punk clásico, con cancións dun minuto e letras ben interesantes e en galego; e do primeiro disco do ourensán Druso, que se titula “Being broke as a new trend”. O programa despedirase hoxe coa música do gaiteiro Ósc
Entrevista a Raúl Veiga - 11/06/2017 01:00
Estes días estase a gravar a película “Contou Rosalía”, un biopic sobre a mocidade de Rosalía de Castro. Tino Santiago fala co guionista do filme, Raúl Veiga, nun momento singular da produción: el xa a escribiu, pero agora son outros os que van materializar as súas palabras. Na sección cinematográfica do programa, Ángel Suanzes e Moncho Lemos comentan “Area”, unha curtametraxe de Anxos Fazáns, que actualmente tamén se atopa no desenvolvemento da que será a súa primeira longametraxe, “A estación violenta”. A segunda proposta é “Déjame salir”, un thriller psicolóxico sobre o racismo, e, por último, “Clash”, unha reflexión sobre a primavera árabe en Exipto. No tempo de música, Marta Gómez tráenos a Fanfarria Takikardia, unha formación de Candeán, parroquia do rural de Vigo, que estivo esta fin de semana no festival Millo Verde de Redondela. Tamén fala de Nostoc, un dúo formado en 2016 por Mateo Mena e Laura Iturralde, compositor e videocreadora. Ambos os dous queren investigar como a cien
Entrevista a Alberto Conde - 04/06/2017 01:00
Tino Santiago entrevista o pianista Alberto Conde, que, xunto á cantante Diana Tarín, está embarcado na gravación de “Corrente do Golfo”, un proxecto que inclúe os grupos habituais de jazz, pero que incorpora unha coral e unha orquestra de corda e que se desenvolve entre Vigo, A Coruña e A Habana. No tempo de cine, Ángel Suanzes e Moncho Lemos falan de “Aava”, de Andrea Zapata, premio á mellor curtametraxe de imaxe real no Festival de Cans; de “Correspondencia”, de Rita Azevedo Gómes, unha película de a cabalo entre o documental e a ficción, que conta a historia da correspondencia entre os poetas Jorge de Sena e Sophia de Mello; e de “Paula”, de Christian Schwochow, un drama biográfico sobre a artista alemá Paula Becker. A sección de música de Marta Gómez estrea o novo vídeo musical de Terbutalina, o sinxelo de presentación do que vai ser o seu novo traballo, chamado “Sonido Esteiro”; segue con Marem Ladson, unha artista ourensá moi nova, que acaba de publicar o seu primeiro sinxelo
Entrevista a Xosé Ballesteros - 28/05/2017 01:00
“Zigzag Eirado” recibe a visita de Xosé Ballesteros, presidente da Asociación Editores de Galicia, que con motivo da recente Gala do Libro Galego, analiza o bo e o malo do sector. Ángel Suances e Moncho Lemos comentan as novidades cinematográficas, como “A historia dun satélite”, de Sonia e Miriam Albert Sobrino, unha comedia negra que se centra na figura dun enterrador a quen o pai lle morreu esmagado por un satélite. “Personal shopper”, de Olivier Assayas, é unha película de pantasmas e thriller erótico noventeiro; e “Goodbye Berlin”, de Fatih Akin, narra a historia de Maik, un rapaz de 14 anos que queda só en casa e que lle cambia a vida cando un compañeiro de clase aparece cun coche roubado. No tempo de música, Marta Gómez comenta o último disco de Atrás Tigre, “Fainos saír”, que dentro duns días estará na rúa en formato vinilo; o novo videoclip do grupo Cintaadhesiva, “A loita, sobre demos interiores”, que forma parte do Volume 3, dedicado a Carlos Veiga; e o vídeo de Guadi Gale
Entrevista a Ana Estévez - 21/05/2017 01:00
Tino Santiago conversa con Ana Estévez, directora da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico. Un evento que chegará á súa duodécima edición a finais deste mes en Santiago e no que se proxectarán 16 filmes.   No tempo dedicado ao cine, Ángel Suances e Moncho Lemos comentan "O tempo futuro", de Xoán Escudero, que conta a historia  dunha galega que intenta chegar aos Xogos Olímpicos na especialidade de bosleigh; “Demonios tus ojos”, de Pedro Aguilera, unha ollada ao concepto do voyeur, e "Dancer", un documental sobre o bailarín ucraíno Sergei Polunin. No espazo de música, Marta Gómez fala de Xulio Lorenzo, que está a presentar o seu primeiro disco "Cantos da ialma"; de Sés, que ten xa novo vídeo musical do seu grande éxito e cuarto álbum que é “Opoñerse á extinción”. O espectacular vídeo da canción "Dende o altar" está gravado no  Museo Galego da Marioneta, no Pazo de Liñares, na parroquia de Prado, en Lalín, con monicreques realizados por Viravolta Títeres. Tamén nos presenta o novo
Entrevista a Luís Álvarez Pousa - 14/05/2017 01:00
“ZigZag-Eirado” conmemora as dúas décadas de vida da revista “Tempos Novos”. O programa recibe o seu director Luís Álvarez Pousa, un veterano xornalista, fundamental na comprensión da historia cultural de Galicia desde que nos 70 puxera en marcha as históricas Xornadas do Cine, en Ourense, ou impulsara a creación do Centro Dramático. Na sección de cine, Ángel Suances e Moncho Lemos comentan relación de Carlos Casares coa sétima arte. Ademais, opinan sobre as películas “Bajo el sol” e “Maravillosa familia de Tokio”. A primeira, filme de 2015, Premio Xurado do Festival de Cannes e que chega agora ás pantallas, narra tres historias de amor ambientadas en Croacia ao longo doutras tantas décadas. Amosan que o amor entre un home croata e unha muller serbia estaba tan prohibido en 1991 como en 2001 ou mesmo no 2011. "Maravillosa familia de Tokio" céntrase no conflito persoal que experimentan os tres fillos dun matrimonio cando, tras 50 anos casados, a nai pide o divorcio. Marta Gómez tráeno
Entrevista a Xoán Eiriz - 07/05/2017 01:00
Tras varias décadas nos escenarios e unha ducia de álbums editados, o cantante Xoán Eiriz visita o “ZigZag Diario” para falar dun novo traballo, “Verbas no vento”, un disco en que recolle temas de artistas galegos como Luis Emilio Batallán ou Pucho Boedo, e unha homenaxe a clásicos como “Lela”, “Tua nai é meiga” ou “Quen puidera namorala”.No apartado de cine, Moncho Lemos e Ángel Suances falan do documental “Paisaxes de Capelada”, de Alberto Lobelle, que se presenta no festival internacional Documenta Madrid, un filme que olla e rende homenaxe a unha das paisaxes litorais máis impresionantes de Galicia, a da serra da Capelada, que comezou a conformarse a partir de magma hai 1.160 millóns de anos. Tamén se ocupan dunha da estreas de carteleira: “La mano invisible”, en que David Macián adapta o libro de Isaac Rosa de título homónimo sobre o traballo como espectáculo. Nunha nave industrial, once persoas son contratadas para facer o seu traballo ante o público: un albanel, un carniceiro, u
Entrevista a Xosé González - 30/04/2017 01:00
Xosé González, presidente do Foro Peinador, fai balance da súa xestión cando está a punto de xubilarse. É un dos activistas máis importantes polo servizo de normalización lingüística. No tempo de cine, Moncho Lemos e Angel Suances comentan as películas: “Aysha”, de Fon Cortizo, “Lady Macbeth” e “La niña dormida”. Marta Gómez dedica o seu espazo ao novo traballo de BFlecha, “Kwalia”, ao novo disco de Xabier Vizcaíno, “Diáspora”, e a Two Faces, dúo de Coruña que estrea “Landscapes”. Nos Fondos Reservados, Moncho Lemos recupera unha das actuacións de “A cada canto” formado por Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero.
Entrevista a Rubén Ventureira - 23/04/2017 01:00
Ata o vindeiro 3 de setembro a Sede Afundación da Coruña acolle a mostra “Lugrís, paredes soñadas”, que repasa o traballo do artista como decorador de espazos. Rubén Ventureira, comisario da exposición visita “ZigZag-Eirado” para falar desta recompilación de traballos de Urbano Lugrís, con fondos de diferentes institucións, algúns deles nunca antes exhibidos. Son 106 obras do pintor entre as que se inclúen as creadas para o Hotel Embajador da Coruña; a igrexa de Vilaboa, en Culleredo; o Gran Hotel de Vigo, ou a fábrica de conservas Massó de Bueu.  No faladoiro de cine, Ángel Suances e Moncho Lemos comentan “Dhogs”, película de Andrés Goteira que se estrea estes días no Festival de Cine de Bos Aires, Bafici. A primeira longametraxe do director meirego, rodada entre Galicia e Almería, sitúase nos límites da ficción, abordando un encontro casual entre un home de negocios e unha misteriosa muller, que coduce a unha aventura furtiva e a un crime. Tamén analizan dúas das novidades de cartel
Entrevista a Víctor Freixanes - 09/04/2017 01:00
O escritor e profesor Víctor Freixanes, recentemente elixido presidente da Real Academia Galega, está no “ZigZag Eirado” para comentar as liñas mestras que guiarán a nova etapa da institución. O que fora director da Editorial Galaxia toma a remuda de Xesús Alonso Montero, e ten por diante un mandato de catro anos. No espazo dedicado ao cine, Moncho Lemos e Ángel Suances falan da curtametraxe documental “Rapa das Bestas”, da realizadora Jaione Camborda, que se estrea no festival de cine de Bos Aires BACIFI, despois de pasar por Cineuropa ou o Play Doc de Tui. Ademais, comentan os filmes “La idea de un lago”, da arxentina Milagros Mumenthaler, e “El otro lado de la esperanza”, do finlandés Aki Kaurismaki, aproveitando que os dous directores están estes días en Galicia. Ademais, dan eco á película “Your name”, de Makoto Shinkai, que chegou as salas de cine co aval de ser o filme de animación xaponés con máis vendas de entradas da historia. O programa tamén ofrece unha reportaxe gravada
Entrevista a Ana Guerra - 02/04/2017 01:00
“ZigZag Eirado” saúda a chegada ao mercado editorial galego de Oqueleo, o novo selo de literatura infantil e xuvenil do grupo Santillana-Obradoiro. Tino Santiago conversa sobre os seus primeiros títulos coa editora Ana Guerra. No apartado dedicado ao audiovisual, Moncho Lemos e Ángel Suances comentan a curtametraxe documental “Quiasma” de Tono Mejuto que ven de presentarse no Play Doc, e dúas das últimas estreas nas salas de cine “El bar” de Álex de la Iglesia e o filme sueco “Un hombre llamado Ove”.  Marta Gómez atende á actualidade no eido musical, en que destaca a publicación do primeiro disco da banda compostelá Esposa e a actuación do dúo canadense Austra o vindeiro mércores na Coruña. Así mesmo, dá eco ao proxecto feminino A banda da loba e ao seu disco “Bailando as rúas”. O programa péchase co tema “Outros quereres” de Sergio Tannus. 
Entrevista a Xosé Antonio Perozo - 26/03/2017 01:00
“ZigZag Eirado” convida ao estudio ao escritor e editor Xosé Antonio Perozo que acaba de asumir a presidencia da Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil, a entidade que aglutina a todos os actores do mundo da literatura infantil en España, con seccións específicas para cada unha das catro linguas oficiais no estado. Ademais, o pintor e escultor Diego de Giráldez, un dos artistas máis influentes das artes plásticas galegas contemporáneas, abre as portas do seu estudio e casa museo en que expón moitas das obras realizadas durante catro décadas dedicadas á creación artística.Na sección de cine, Moncho Lemos e Ángel Suanzes comentan a estrea da película “Una vez fuimos salvajes” da cineasta Carmen Bellas no Festival Internacional Play Doc de Tui. Tamén analizan outras dúas películas en carteleira, “Locas de alegría” e “El fundador”. Marta Gómez trae ao programa a música do ourensán Emilio José, que ofrece os temas do seu último disco “Nativos Dixitais” de balde en Internet; a

Otros programas de reportajes >


Otros programas de TVG (Galicia) >