Close

Grandes lugares

Un docusoap de entretemento, de 50 minutos, que pretende amosar, desde un punto de vista optimista e particular, a historia afectiva e social de dúas poboacións galegas con moito para contar. A través dun percorrido polos seus habitantes, costumes e peculiaridades, o programa presta atención a lugares especiais, ao seu modo de vida, ás súas iniciativas orixinais, aos aspectos menos coñecidos do seu día a día e tamén ás historias máis persoais. Os protagonistas destes pequenos lugares, aldeas ou vilas, s...

País: España
Idioma: Gallego
Contenido: Reportajes
Tema: Viajes
URL: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa/grandes-lugares

Episodios disponibles para ver online

Santa María de Arcos, Parada e A Magdalena - 01/11/2017 23:30
A Igrexa da Magdalena foi nexo de unión no pasado do que hoxe se coñece como barrio xudeu de Ribadavia. Unha antiga parroquia que convive coa vila dun xeito activo, pero que non perdeu a súa esencia nin o seu contacto coa terra. Un gran lugar con produtos estrela que dan a volta ao mundo. Comprobarase que a industria fúnebre foi potencia neste gran lugar, probaranse uns doces hebreos únicos e coñecerase cal é o truco dos veciños para gañar en saúde e en calidade de vida.   O programa chegará, amais, a Santa María de Arcos, unha parroquia do concello lucense de Chantada, un lugar con pasado nobiliario que aínda conserva restos de grandeza. O pazo da Elfe é un bo testemuño. Un dos símbolos de Arcos foi o balneario de Mouriscados.  Por último, Parada é un gran lugar da parroquia de Santa María de Perdecanai, pertencente ao  concello de Barro. Un gran lugar onde cortan traxes a ollo e tocan de oído.  Alí, os espectadores aprenderán a traballar na forxa, a palillar e a interpretar algún que
San Román e A Condomiña - 29/10/2017 23:15
“Grandes Lugares” viaxa á provincia de Lugo para mostrarnos a parroquia de San Román, no concello do Vicedo, e a aldea da Condomiña, en Baralla. San Román está chea de artistas. Neste gran lugar da Mariña Occidental, o equipo do programa proba empanada e aprende do seu pasado viquingo da man de Juan, un artesán da madeira, a pedra e o lenzo. A paisaxe caracterízase polos cantís e polo vento, que converten este territorio nun lugar idóneo para a práctica do surf. Nesta parte do mundo naceu unha deportista de elite. A ximnasia rítmica ten en San Román un referente nacional. Na comarca dos Ancares, A Condomiña presume dunha espectacular paisaxe de soutos e fragas e, ademais, ten a súa propia pedra de abalar. É unha terra rica que compensa o traballo dos seus veciños con fartura. Aquí a auga aínda move muíños e todo o que se prepara sae da horta da casa, mesmo a cervexa. Coñecemos a Toñín, que conta cunha Condomiña en miniatura na súa casa.   
Toques, San Martiño de Tabeaio e Sumoas - 22/10/2017 23:15
“Grandes Lugares” visita as aldeas de Toques, na comarca de Terra de Melide; San Martiño de Tabeaio, no concello coruñés de Carral, e Sumoas, no concello lucense de Xove.  Toques é un gran lugar da comarca de Terra de Melide. Alí o grao móese con agarimo, os viños xóganse aos chinos e comézase o día na horta. O equipo do programa lévanos aos muíños de Toques; a Casa Alfonso, onde é todo troula, e á casa de Pepe, en que todo é paz e sosego. Ademais, proba a marmelada de Concha, colle un autobús cun destino especial e tamén ten tempo para exercitar o corpo. Non falta a música e o parrafeo. A seguinte parada é San Martiño de Tabeaio, un gran lugar do concello coruñés de Carral, terra de pan. Os cereais que nutrirán posteriormente a fariña destacan na paisaxe deste territorio. “Grandes Lugares” visita unha casa que está chea de tesouros do pasado, move os pés cos seus trouleiros veciños e proba a tradicional empanada desta terra.  A viaxe remata en Sumoas, no concello lucense de Xove.
Partovia, Brocos e Oza - 08/10/2017 23:00
A TVG visita hoxe as aldeas de Partovia, no concello ourensán do Carballiño; Brocos, no concello pontevedrés de Agolada, e Oza, no coruñés de Teo.  Partovia é un gran lugar do concello do Carballiño, unha terra balnearia onde se coce moi bo pan e onde todo o mundo ten horta. Coñecemos os viveiros de Partovia e as ocas de Rosa, que poñen os mellores ovos do lugar. O programa tamén charla con Luís, un coleccionista de primeira e fillo de baldeiro. Partovia é tamén un gran lugar termal, xa que alí se agocha un dos centros turísticos do interior máis importantes de Galicia. O balneario histórico das Caldas de Partovia é unha fonte de saúde e de beleza e ao parecer os romanos xa facían uso destas augas.   San Miguel de Brocos é unha parroquia do concello pontevedrés de Agolada, un gran lugar que non se entende sen o encoro de Portodemouros. Parte da súa historia quedou mergullada baixo unha lagoa que convive cos veciños integrada na contorna. “Grandes Lugares” comproba que Brocos é terra
A Feira e San Xoán de Ortoño - 01/10/2017 23:45
A Feira é un gran lugar da parroquia de Santa María, no concello de Salceda de Caselas, na comarca de Vigo. É territorio de augardente, de muíños, de sobreiras e de carballeiras. O equipo do programa comprobará que tamén é terra de feira, de festa e de romarías e coñecerá As Donicelas, virtuosas da pandeireta, veciños que converten as raíces en arte e percusionistas que amenizan os seráns. San Xoán de Ortoño é unha parroquia do concello de Ames, situada no Val da Maía, á beira do río Sar. Nesta aldea pasou a súa infancia Rosalía de Castro e desde alí, din que escoitou soar as famosas campás de Bastavales.
San Xusto, Fontaneira e O Cantiño - 24/09/2017 23:15
A aldea de San Xusto está situada na comarca do Ribeiro e pertence ao concello ourensán de Avión. É unha pequena comunidade do máis internacional. É terra de emigrantes, e tamén de campións. Hai apenas medio século, aquí a xente vivía do minifundio e da gandería extensiva. Nesta terra están as agrupacións de hórreos máis grandes de Galicia.O lugar da Fontaneira, en Baleira, está a mil metros de altura e por alí pasa o Camiño Primitivo. A súa igrexa, a de Santiago, foi no pasado capela e albergue de peregrinos. Son os camiñantes os que enchen de vida esta parroquia de 17 casas e 12  veciños. Durante a visita, os espectadores coñecerán a casa de Manola, que serve de cuartel para o club da calceta.Finalmente, O Cantiño é un gran lugar da Illa de Arousa, na provincia de Pontevedra. Neste gran lugar sazonan con néboda, miden en brazas, bailan os domingos e todos os veciños dan a talla. As fortes mareas fan desta faixa de mar unha das mellores zonas de marisqueo da ría. 
Lavandeira, Vilarmide e Flariz - 02/07/2017 23:30
Grandes lugares descóbrenos a parroquia de Lavandeira, no concello coruñés de Cabanas, na comarca do Eume; Vilarmide, no concello lucense da Pontenova; e a parroquia ourensá de Flariz, no concello de Monterrei.
A Mourela, Santo Estevo de Cambeo e Arcos de Furcos - 25/06/2017 23:45
Esta semana o programa “Grandes Lugares” viaxará ata o norte da provincia da Coruña, ao concello de Neda, onde os espectadores poderán coñecer aos veciños da parroquia da Mourela. Desde alí, os reporteiros desprazaranse ata terras ourensás para percorrer Santo Estevo de Cambeo. E para rematar este periplo pola Galicia dos grandes lugares, o programa irá á parroquia caldense de Arcos de Furcos.
Láncara, Val de Esmelle e Castro (Begonte) - 11/06/2017 23:30
O programa visita a aldea de San Pedro de Láncara, no concello do mesmo nome, na comarca de Sarria, ao pé das serras orientais de Lugo. Despois viaxa cara á costa de Ferrol para visitar aos veciños do Val de Esmelle. E para rematar este periplo pola Galicia auténtica e rural, desprázase á parroquia de Castro, no concello de Begonte.
San Salvador de Velouzás e Baamonde - 04/06/2017 23:30
“Grandes Lugares” visita San Salvador de Velouzás, unha parroquia do concello coruñés de Paderne, situada entre os ríos Mandeo e Lambre, cunha vida sempre moi ligada ao mar. Logo, desprázase cara ao interior de Galicia, a Baamonde, no concello de Begonte, na provincia de Lugo, onde a xente destaca por seren verdadeiros artistas.
A Gándara, A Vide e Montecelo - 28/05/2017 23:30
O programa “Grandes Lugares” visita esta semana a aldea da Gándara, no concello da Guarda, a parroquia de San Ciprián da Vide, no concello lugués de Monforte de Lemos, e Montecelo, no concello coruñés de Paderne.
Asados, Fraga e Olveiroa - 21/05/2017 23:30
“Grandes Lugares” viaxa á parroquia de Asados, en Rianxo, a de Fragas en Campolameiro e a de Olveiroa, no concello coruñés de Dumbría.
Mandrás, Castro de San Martín e Queiruga (Porto do Son) - 14/05/2017 23:45
“Grandes Lugares” fai un treito da Vía da Prata para coñecer a aldea de Mandrás no concello de Cea. Ademais,visita a parroquia do Castro de San Martín, en Portomarín, un lugar que destaca pola súa situación entre os dous grandes ríos de Galicia, o Ulla e o Miño, e polos seus simpáticos veciños. E para rematar esta viaxe, a parroquia de Queiruga, no Porto do Son, nun tramo de costa salvaxe no que un grupo de mariscadoras amosan como traballan.
Vilamartín de Valdeorras, Xinzo (Ponteareas) e Vilariño de Conso - 07/05/2017 23:30
Nunha nova entrega de “Grandes Lugares”, o equipo volve percorrer Galicia na procura dos veciños máis auténticos e dos mellores lugares para vivir. Coñecemos Vilamartín de Valdeorras, na provincia de Ourense, que destaca polo seu folión. Visitamos na provincia de Pontevedra, Santa María de Xinzo no concello de Ponteareas. E por último, viaxamos ata Vilariño de Conso, un concello que ten moito que ofrecer a quen vive alí.
Vilar Betote, San Clodio e San Salvador de Maceira - 30/04/2017 23:30
Coñecemos Vilar Betote, na parroquia de Sante, no concello lucense de Trabada; San Clodio, en Outeiro de Rei; e, no sur de Galicia, San Salvador de Maceira  no concello pontevedrés de Covelo.
Santa María de Godos e Gaioso - 23/04/2017 23:30
“Grandes Lugares” lévanos a dous municipios que teñen en común un topónimo real, Caldas de Reis e Outeiro de Rei. No concello pontevedrés, visitamos a parroquia de Godos, con varias aldeas unidas en torno á igrexa de Santa María, escenario de moitas celebracións festivas e relixiosas. O equipo do programa tamén foi testemuña do día a día dos veciños de Gaioso, en Outeiro de  Rei, gardiáns da arquitectura popular, a paisaxe e as tradicións que fan desta parroquia, ao lado do río Ladra, un lugar especial. 
Arneiro, San Ourente de Entíns e San Cosme de Nete - 16/04/2017 23:30
“Grandes Lugares” viaxa a aldea de Arneiro, na parroquia de Goá no concello lugués de Cospeito. Tamén se despraza a San Ourente de Entíns, un lugar de costa na Serra de Outes, e a San Cosme de Nete, unha parroquia de interior no corazón da Terra Chá.    
Mabia, Bugallido e A Fontela - 09/04/2017 23:30
A aldea de Mabia pertence á parroquia de Loureza, no concello pontevedrés de Oia, na comarca do Baixo Miño, situada entre a montaña e o mar. A parroquia de San Pedro de Bugallido está no concello de Ames, na comarca de Santiago. A Fontela é un lugar da parroquia de Piñeira de Arcos, no concello ourensán de Sandiás, na comarca da Limia.    
San Pedro de Carcacía e San Mamede de Pedornes - 03/04/2017 00:30
“Grandes Lugares” mergúllanos na vida dos veciños de San Pedro de Carcacía, en Padrón.  O río Ulla, que pasa pola parroquia, marca o día a día das súas xentes. San Mamede de Pedornes, no concello de Oia, é o outro escenario do progrma. A súa singularidade está na súa privilexiada situación, con vista ao mar Atlántico, e no talento musical dos seus veciños. 
San Miguel de Sarandón e Ferreira de Pantón - 26/03/2017 23:30
A parroquia de San Miguel de Sarandón está situada no sur do concello coruñés de Vedra. Con apenas 400 habitantes, no lugar respírase un sentimento de pertenza e unhas ganas de festa que o converten nun lugar máxico. O programa tamén mergulla os espectadores no día a día dos veciños de Ferreira de Pantón, no corazón da Terra de Lemos, xente moi activa e traballadora que vive coas paisaxes da Ribeira Sacra como pano de fondo.   
Bolmente, Eiré e Segán - 19/03/2017 23:30
O programa “Grandes Lugares” visita nesta entrega a parroquia de Bolmente, en Sober. Esta terra é coñecida polo famoso viño de Amandi e conta cunhas paisaxes que se poden contemplar dende calquera dos seus miradoiros. Por outra banda, os reporteiros do programa tamén visitan o lugar de Eiré, no concello de Ferreira de Pantón, un lugar onde a matanza e a pica do porco é unha festa que segue moi arraigada entre os veciños. Por último, os espectadores tamén poden coñecer Santa María de Segán, no Saviñao, onde as bodegas dan traballo a maioría dos seus veciños.
San Martiño de Foz, Berres e Covelo - 12/03/2017 23:30
“Grandes Lugares” vista nesta entrega San Martiño de Foz, que acolle a catedral máis antiga de España, a basílica de San Martiño. Datada no século IX, foi sede dos bispados do reino de Galicia. Da man dos veciños da contorna, percorremos este e outros fermosos lugares do municipio de Foz. A visita monumental do programa continúa máis ao sur. No concello da Estrada, atópase a parroquia de San Vincenzo de Berres, que conta cunha gran tradición artesá. É terra de torneiros e tamén de pazos barrocos con preciosos xardíns. A viaxe remata en Covelo, no concello de Melón, en plena comarca do Ribeiro. Alí, os reporteiros saen cos veciños a practicar caza maior e outras actividades propias do lugar. 
Burela, Corcoesto e Quins - 05/03/2017 23:50
O percorrido comeza na localidade da Mariña luguesa, onde boa parte da forma de ser e de vivir dos veciños se define en función do seu porto, dedicado principalmente á pesca da altura. Despois, o espazo achegará os espectadores ao día a día en Corcoesto, no concello de Cabana de Bergantiños, un lugar coñecido polo conflito arredor da súa mina de ouro en que o verdadeiro tesouro son os seus veciños. O último destino será Quins, no concello ourensán de Melón, onde o entendemento e a convivencia interxeracional fai do pobo un lugar especial.  
Goente e San Vicente de Vilaboa - 26/02/2017 23:30
Mirandela e Moscoso - 19/02/2017 23:30
Santo André de Mirandela é unha localidade do concello de Castroverde, unha zona de transición entre a chaira e as serras orientais de Lugo. Esta é unha parroquia gandeira con extensas praderías para a cría de  vacas leiteiras. En Mirandela, hai censadas máis vacas ca persoas. Alí só viven 64 veciños e entre eles Martín, o primeiro neno nacido na aldea despois de 16 anos. Neste programa os reporteiros percorren unha ruta de sendeirismo na compaña del, que os leva ata o muíño Mirandela, onde varios xubilados adoitan xogar unha partida de dominó. Ademais, achéganse á granxa de Outeiro durante a visita veterinario e aprenden a facer marmelo con María Carme e a tocar o acordeón. Moscoso está ao sur da provincia de Pontevedra, no concello de Pazos de Borbén, entre Redondela e Soutomaior. Unha boa parte dos veciños deste lugar emigraron a Salvador de Bahía, no Brasil, durante o século pasado e alí montaron unha sociedade de amigos de Moscoso. Nesta aldea celébrase o Encontro dos Santos e a

Otros programas de reportajes >


Otros programas de TVG (Galicia) >