Close

Galegos no mundo

En Galegos no mundo, os espectadores poderán descubrir o mundo a través dos ollos e as vivencias das persoas que un día decidiron emprender unha nova vida noutro país. É un camiño en que os espectadores irán coñecendo xente, formas de vida, gastronomía, monumentos, datos, anécdotas, os rituais, os idiomas e todo tipo de curiosidades que sorprenderán pola súa orixinalidade. O novo programa preséntase con un formato ...

País: España
Idioma: Gallego
Contenido: Reportajes
Tema: Viajes
URL: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa/galegos-no-mundo

Episodios disponibles para ver online

Estrasburgo - 04/11/2013 22:30
    Situada ao leste de Francia, Estrasburgo é a capital e principal cidade da Alsacia. Desde a anti
Santiago de Chile - 29/07/2013 22:45
Para coñecer a capital dun país con forte tradición vinícola, o espazo da TVG contará coa axuda do x
Hong Kong - 22/07/2013 22:45
“Galegos no Mundo” coñecerá a cidade máis influente do sueste asiático e unha das áreas máis poboada
Oxford - 01/07/2013 22:46
"Galegos no Mundo" irá ata Oxford, unhas das cidades universitarias máis famosas a nivel mundial. De feito, ten a universidade de fala inglesa máis antiga do mundo e nela estudaron persoeiros como Bill Clinton ou Óscar Wilde. Ademais, Oxford foi a cidade onde se rodaron series e películas tan famosas como Harry Potter ou Sherlock Homes, grazas, en gran parte, á súa bela arquitectura, que mestura tradición e modernidade. Os espectadores da Televisión de Galicia poderán coñecer as experiencias de xente como Beatriz Trillo, de Corcubión, e Antón Pose, de Cambre, que chegaron a Inglaterra para estudar inglés e cos que o programa coñecerá a Carfax Tower e a Christ Church, onde se gravou parte de Harry Potter. "Galegos no mundo" tamén estará coa compostelá Ana Fariña, coa que coñecerá o Oxford menos habitual; con Natalia Varela, da Coruña, que segue no país grazas a que un inglés se cruzou no seu camiño, e con Beatriz Pérez, natural de Sanxenxo e funcionaria da universidade de Oxford. Ela s
Abu Dhabi - 17/06/2013 22:45
Abu Dhabi, a capital dos Emiratos Árabes Unidos, será este luns o destino do programa “Galegos no Mu
Lión - 10/06/2013 22:45
"Galegos no Mundo", o programa máis internacional da Televisión de Galicia, volve unha semana máis para amosar como viven os galegos que residen fóra das nosas fronteiras e que se atopan nos máis diversos países e culturas.  Na edición de hoxe, “Galegos no Mundo” irá ata Lión, unha cidade que se atopa ao pé dos Alpes e tamén é a terceira máis poboada de Francia. Ademais de ser a sede de varios organismos europeos como a Interpol, Euronews e a Axencia Internacional para a Investigación do Cancro, Lión conta con nada menos que 427 hectáreas da súa superficie como Patrimonio Mundial da Humanidade da Unesco.  Os espectadores da Televisión de Galicia poderán coñecer as experiencias de xente como Francisco Acuña, de 25 anos, que chegou a Lión en busca de traballo e quedou seducido completamente. Tamén Manuel Ameneiro, técnico audiovisual de Ferrol, que chegou para probar sorte e, finalmente, conseguiu traballo e amor. Con eles coñecerase un anaquiño da historia desta cidade.  Pola súa par
Porto Alegre - 03/06/2013 22:45
O periplo do programa “Galegos no Mundo” polos recunchos do planeta na busca de compatriotas recalar
Programa 62: Turín - 27/05/2013 22:45
O programa “Galegos no Mundo” emprenderá esta noite un novo periplo na busca de compatriotas que decidiron buscar unha oportunidade ou construír a súa vida noutro lugar. O destino do espazo da TVG será esta semana Turín, a cuarta cidade italiana por detrás de Roma, Milán e Nápoles. Capital da rexión de Piamonte, situada na marxe esquerda do río Po e rodeada polos Alpes, Turín é coñecida por ser o lugar de nacemento de ilustres políticos que contribuíron á unificación do país, por ser a plataforma de desp...
Córdoba - 20/05/2013 22:45
O espazo “Galegos no Mundo” viaxará esta semana a terras arxentinas para descubrir Córdoba, a cidade
Anveres - 13/05/2013 22:45
O equipo do programa “Galegos no Mundo” viaxará esta semana a Anveres, que, con pouco máis de 500.00
Programa 57: San Paulo - 06/05/2013 22:45
O equipo do programa “Galegos no Mundo” viaxará hoxe a São Paulo, a maior cidade do hemisferio sur, a segunda de América e unha das máis poboadas de todo o globo. Alcumada polos brasileiros como “a cidade que non pode parar” e considerada como a mellor cidade para facer negocios en América Latina, São Paulo é o principal centro financeiro do Brasil e un dos maiores a nivel mundial.  Nesta cidade de contrastes, o espazo da TVG atopará a Francisco Cotón, natural do concello coruñés de Oroso, que leva 5...
Glasgow - 29/04/2013 22:45
  "Galegos no Mundo", o programa máis internacional da Televisión de Galicia, volve unha semana máis para amosar como viven os galegos que residen fóra das nosas fronteiras e que se atopan nos máis diversos países e culturas.   Os protagonistas, que viven en lugares que van dende a veciña Portugal ata calquera país do Caribe, amósannos como é a cultura a que se tiveron que acostumar tras deixar Galicia. Ademais, abren os seus corazóns e as súas casas para explicarlles aos espectadores cales foron os motivos que os levaron a deixar o seu país.  Na edición de hoxe, “Galegos no Mundo” irá ata Glasgow, a cidade máis grande de Escocia e a terceira máis importante do Reino Unido tras Londres e Birmingham. Famosa polo seu estilo arquitectónico, Glasgow contén unha fermosa mestura de culturas en que predomina, sobre todo, unha das maiores ofertas culturais europeas, chegando a estar por diante das mesmísimas París e Atenas. Ademais, foi Capital Europea da Cultura no 1990. Os espectadores
Santiago de Chile - 22/04/2013 22:45
O programa “Galegos no Mundo” pon hoxe rumbo a Santiago de Chile, o principal núcleo urbano do p
Programa 55: Hong Kong - 15/04/2013 22:45
O espazo “Galegos no Mundo” viaxará hoxe a un dos centros turísticos, industriais, financeiros e comerciais máis importantes do mundo, Hong Kong, que é, xunto con Macao, unha das dúas rexións administrativas especiais da República Popular da China. Cedida a Gran Bretaña tras a primeira guerra do opio, esta cidade foi colonia británica ata 1997, ano en que o territorio foi devolto á China baixo un sistema que garante que o socialismo chinés non se aplicará en Hong Kong ata o ano 2047. “Galegos no Mund...
Rotterdam - 09/04/2013 22:45
  Rotterdam, a segunda cidade de Holanda, toma o seu nome do río que a atravesa, o Rotte, e presenta
Programa 53: Marrákex - 02/04/2013 00:00
As mellores series galegas (Matalobos, Pratos combinados, ...) e toda a produción propia de Galicia
Programa 52: Cidade de México - 26/12/2012 22:45
A gran urbe de América Latina e unha das máis grandes do mundo, Cidade de México, será a que visiten as cámaras do programa da Televisión de Galicia “Galegos no Mundo”  acompañados de seis galegos residentes alí. Cidade de México é un lugar cheo de movemento, cunha vida cultural e artística moi intensa e cunha grande escena musical. Ademais, conta con tres equipos na potente liga de fútbol mexicana e é o berce da loita libre mexicana, un espectáculo con seguidores en todos os recunchos do mundo, especial...
Programa 51: Casablanca - 19/12/2012 22:45
“Galegos no Mundo” visita Casablanca, cidade de seis millóns de habitantes, un dos enclaves comerciais máis importantes do norte de África e a capital económica de Marrocos.  A visita estará guiada por 5 galegos residentes alí como son os casos de Patricia Rodríguez,  que leva 3 anos traballando na Oficina Económica da Embaixada de España asesorando empresas españolas que se instalan en Marrocos. Con ela coñecerán o barrio Habbous e o Ricks Café, o mítico local da película “Casablanca”.Da man da deseñado...
Programa 50: Costa Azul - 12/12/2012 22:30
“Galegos no Mundo” visita un dos centros mundiais do turismo: a Costa Azul, unha faixa comprendida entre os Alpes franceses, a Provenza e o mar Mediterráneo, e é famosa polas súas parias e polos seus veraneantes, que adoitan ser personaxes moi famosos. A capital é Niza pero hai outras tres cidades tamén moi coñecidas como son Cannes, Saint Tropez e Mónaco.Hoxe, cinco galegos descubriranlles estes pequenos paraísos de ‘glamour’ e luxo. O primeiro guía será Pablo Froján, de Caldas de Reis, traballa como en...
Programa 49: Múnic - 05/12/2012 23:00
 “Galegos no Mundo” viaxa a Múnic, unha cidade do sur de Alemaña pertencente ao estado federado de Baviera. Pero se por algo é coñecida esta cidade é polo seu equipo de fútbol, o Bayern. Múnic é unha cidade moderna, pero cunha longa tradición, cultural e deportiva, e non existe lugar mellor para tomar unha boa cervexa ao aire libre. De feito, alí celébrase cada ano o mundialmente coñecido Oktober Festk ou festival de Outono.Pero, coma sempre, nesta viaxe o programa lévaos pola cidade da man de cinco gale...
Programa 47: Xamaica - 28/11/2012 22:45
A viaxe que lles propón  “Galegos no Mundo” será nesta ocasión a Xamaica. Esta illa foi española ata 1655 e despois formou parte do Reino Unido, ata que alcanzou a súa independencia en 1962. Debido ao seu clima, a unha paisaxe espectacular e a unhas extensas praias, fai que sexa un lugar turístico de primeiro nivel. Por todo isto, pero tamén por outras riquezas, coñeceremos a cinco galegos que residen na illa e que mostrarán algúns dos recunchos con máis sona desta illa do Caribe.Eles son: Vanesa Pico, d...
Programa 48: Manchester - 21/11/2012 23:45
Manchester, unha grande urbe situada no corazón do Reino Unido, cun gran movemento universitario,...
Programa 40: Santo Domingo - 07/11/2012 22:45
As cámaras de “Galegos no Mundo”  viaxan ao Caribe, concretamente a Santo Domingo, a capital da república Dominicana e unha das maiores cidades. Fundada por Bartolomé Colón e constituíu o primeiro asentamento europeo en América. Sen desprenderse do seu pasado colonial, Santo Domingo é na actualidade unha cidade moderna e núcleo económico do país. Unha capital chea de vida e tamén moi coñecida polo ron e a festa e que hoxe poderán coñecer máis a fondo cos consellos e propostas de seis galegos residentes a...
Programa 45: Madeira - 31/10/2012 22:45
Madeira é un arquipélago que pertence a Portugal e que está situado á altura de Marrocos. Goza dun clima cálido e un ambiente tranquilo, por iso é un dos destinos máis visitados polos turistas europeos durante todo o ano. Percorremos a zona norte de Madeira con Mario Franco, do Barco de Valdeorras. Rodolfo Melendrez, da Coruña, deixa por un momento os fogóns para que vexamos os golfiños e para tomar algo no punto máis ao sur do Portugal. A lucense Sandra Mendes lévanos a contemplar un dos espectáculos m...
Programa 46: Qatar - 24/10/2012 23:45
Coñecemos a experiencia de cinco aventureiros galegos que un día decidiron emprender unha nova etapa da súa vida no segundo país máis pequeno do Golfo Pérsico.Qatar é un país moi rico debido ás súas reservas de gas e petróleo. Na actualidade goza dun nivel de vida altísimo, con importantes prestacións sociais, universidades, infraestruturas e comunicacións. O luxo, os espectaculares edificios e as interminables praias están convertendo Qatar nun puxante destino turístico, onde se mestura a modernidade co...

Otros programas de reportajes >


Otros programas de TVG (Galicia) >