Presiona ESC para cerrar

Entre familias anda o xogo

A familia Cortés, de Vigo, está representada por Uxía e Iolanda, dúas primas de 21 e 22 anos respectivamente, que teñen como obxectivo conseguir os cartos necesarios para pechar a entrada da casa dos pais de Uxía. É unha familia á que lle gusta moito organizar reunións e por motivo de espazo non poden. Pola familia Fernández vén unha parella de noivos de Ourense. O premio polo que concursan Adrián e Erika, de 26 e 24 anos respectivamente, son os billetes de avión para viaxar a Suíza. Alí naceu Erika, xa que os pais foron emigrantes, e por iso quere lembrar vellos tempos e ensinarlle o país ao seu mozo. A familia Pérez, do Rosal, envía ao concurso a Jose, de 19 anos e cantante do grupo Alaska Deluxe, e a súa nai Milagros, de 59, que queren unhas clases de canto para que o rapaz perfeccione a súa técnica.

Página del programa en TVG (Galicia) >