Close

Collidos nas patacas

Hai moitos motivos para ser galego: somos o país da muralla de Lugo e da Torre de Hércules, do mestre Mateo e de Álvaro Cunqueiro, das centolas e dos cocidos, dos canteiros e das grandes marcas de moda, das illas Cíes e dos bosques do Courel, das catedrais e romarías, dos castros celtas e das festas gastronómicas, de cultivadores de kivis e pescadores de lampreas, de María Pita e de Rosalía de Castro. Con razón todo o mundo quere ser galego. E os que xa o son buscan perfeccionarse. Pero, a onde acudir para ter o título de Galego Diplomado? Agora é fácil con Collidos nas Patacas, un curso práctico e nada acelerado para ser galego sen esforzo. Sobre unha idea orixinal de Xosé Cermeño, este programa de entretemento toma o estilo e os medios dos cursos de idiomas para amosar con humor as afeccións, costumes, ledicias e teimas dos galegos. Así pois, Collidos nas Patacas vai amosar sobre o terreo e con humor todos eses elementos que nos conforman aos galegos. Por que é tan famoso o

País: España
Idioma: Gallego
Contenido: Reportajes
Tema: Sociedad
URL: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa/collidos-nas-patacas

Otros programas de TVG (Galicia) >


Otros programas de reportajes >