Presiona ESC para cerrar

Aquí Portugal

Os espectadores galegos e portugueses compartirán este sábado, de forma simultánea, case tres horas de programación en directo co espazo “Aquí Portugal”, o primeiro programa conxunto que se realiza na historia da Televisión de Galicia e da Rádio-Televisão de Portugal (RTP). Esta emisión especial ofrecerase desde Ourense, con motivo da festividade local dos Remedios, unha romaría moi popular na cidade, que marca para moitos o fin do verán e que este ano ofrece o atractivo da inauguración da Capela dos Remedios, despois dunha longa rehabilitación tras o incendio de hai uns anos. O programa, que ofrecerá entrevistas, reportaxes e música, consistirá nunha edición especial do magazine que desde hai anos se leva emitindo con grande éxito os sábados á tarde na canle lusa e que é semellante ao “Aquí Galicia” que a TVG comezou a emitir o pasado mes de xuño. O presentador da Televisión de Galicia Xosé Manuel Piñeiro e os presentadores da RTP Sónia Araújo e Jorge Gabriel serán os encargados

Página del programa en TVG (Galicia) >